jueves, 11 de febrero de 2010

FESTIVAL DE HUMOR DE MIÑO ESTE MARTES DE ENTROIDO CON RISOTERAPIA. 16 de Febreiro de 2010 18:30

Na Carpa de Rabazal FESTIVAL DE HUMOR coa actuación de PACO LODEIRO e CARLOS JIMÉNEZ (Non estará Blanco como pon no cartel, pero non sodes racistas non?) o dúo "RISOTERAPIA", presentados por MON ALVO.Os máis de cen personaxes destes imitadores falarán da xubilación ós 67, das medidas diante da crise solucións: o feisbu, a troula do entroido, da separación de Marichalar e a princesa (quen di separación, di cese temporal definitivo da convivencia), o enfrontamento entre Maradona e Valdano, e por se fora poco o disgusto das señoras por non poder ver a Gayoso e Boney M por mor da TDT.Fraga, Paco Vázquez, a Duquesa de Alba, Fidel Castro, Boris Izaguirre, Zapatero, Rajoy, Aznar, Florentino Pérez, Arsenio, Luis Moya, o Rey Juan Carlos, Llongueras, David Vidal, e moitos máis, e para rematar, o mesmo Papa Bieito XVI vai dar a sorpresa de bendecir unha festa pagana como é o carnaval.Eu non o perdía ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario